Teléfono: 619 63 9133 | info@acostureira.com
Envíos peninsulares gratuitos para pedidos superiores a 50€
[gtranslate]

info@acostureira.com | Teléfono: 619639133

Envíos peninsulares gratuitos para pedidos superiores a 50€

Folla aberta e Bicos

15,00  IVE incluído

Unha explosión de cor e afecto. Esta reprodución dixital da obra orixinal de Leandro Lamas celebra o amor libre e a conexión humana coa delicadeza característica do artista galego. Ideal para encher de vida e orgullo calquera rincón do teu fogar

  • Autor: Leandro Lamas.

  • Técnica: Reprodución dixital de alta calidade.

  • Soporte: Papel acuarela de 300gr.

  • Dimensións: 30 x 40 cm.

  • Envío: Envíase protexida para garantir que chegue en perfecto estado.

Dispoñibilidade: 4 dispoñibles

- +

Pago seguro!

paypal
visa
MasterCard_Logo.svg
Bizum

LÁMINA APERTAS E BICOS

A lámina Apertas e Bicos é máis que unha ilustración; é un refuxio visual. Nesta peza, Leandro Lamas fusiona a dúas persoas nun abrazo eterno, envoltas nas cores da bandeira LGBTIQ+. O texto que rodea as figuras é do tema Recoñecéndome de Guadi Galego, que engade unha capa de poesía e profundidade que invita á reflexión e ó sentimento puro.

Na nosa tenda A Costureira, asegurámonos de que cada lámina manteña a esencia da orixinal. Por iso, esta reprodución dixital se realiza sobre un Papel especial para acuarela de 300 g/m². A elección deste soporte non é casual; a súa textura rugosa e a súa alta gramaxe permite que as cores vibrante e as transparencias da técnica de Leandro Lamas luzan con unha profundidade excepcional, case, como se tiveras a pintura orixinal nas túas máns.

Detalles técnicos da obra

  • Autor: Leandro lamas, referente do arte contemporáneo en Galiza.

  • Título: «Apertas e bicos».

  • Formato: 30×40 cm (tamaño estándar, ideal para enmarcar fácilmente).

  • Material: Papel artístico de 300gr con acabado acuarela.

  • Temática: Amor libre, visibilidade LGTBIQ+ e conexión emocional.

¿Por qué elexir esta lámina para o teu fogar?

Decorar cunha obra de Leandro Lamas é convidar ó optimismo e á reflexión. A bandeira arcoiris integrada de forma orgánica nos corpos dos protagonistas convirte esta lámina nun símbolo de orgullo e liberdade. É o agasallo ideal para persoas que valoran o arte con mensaxe ou para darlle un toque de luz e poesía a calquera estancia do teu fogar.

Leandro Lamas é un dos artistas galegos máis queridos e recoñecidos da actualidade. A súa obra caracterízase por un estilo inconfundible que mezcla a tenrura, o optimismo e un uso vibrante da cor. Con unha traxectoria que abarca a pintura, a ilustración e a escenografía, Lamas construíu un universo propio onde a figura humana sempre é protagonista de historias cheas de luz.

Aquí podes ver máis produtos de Leandro!

Tamén che pode gustar...

Scroll ao inicio
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.